[Fanzine] Distribuidora Anarquista Polaris edita “Anarquía biocéntrica”

| 0 comments

Para descargar ou ler online:
Portada
Interiorcubierta-blogs
O compa da Distribuidora Anarquista Polaris (Pontevedra) compartiu por mail esta publicación recén editada, a partires da tradución que realizou do texto “Biocentric Anarchy” (Anarquía Biocéntrica) que como el di, expón a cuestión da liberación total (da terra e de todes os seus habitantes) desde un enfoque biocéntrico que cuestiona non só a explotación animal, senón a relación enferma que mantemos co planeta e coa vida natural no seu conxunto e con cada especie e ser vivo en particular, propoñendo o concepto da “anarquía biocéntrica” como un punto de partida desde o que empezar a cuestionarnos e a deconstruir a devandita relación cunha perspectiva interseccional e revolucionaria.
Dicir, por certo, que dadas as datas e a temática do propio material, optouse por dedicarlle a edición e publicación do mesmo á memoria do compañeiro Javier Recabarren, lembrando o seu compromiso pola liberación animal e o seu estilo de vida vegano, a pesar de ter só 11 anos.
A continuación, segue o texto da introdución. O compañeiro, por certo, infórmanos de que pronto haberá disponible unha versión en galego.
—————-

Desde a distancia que separa o Estado español de Chile, queremos dedicar a tradución, edición e publicación deste libriño á memoria do compañeiro Javier Recabarren, agora que recentemente cumpríronse 2 anos da súa morte, atropelado na cidade de Santiago de Chile por un autobús do Transantiago, unha desas máquinas usadas para asegurar a mobilidade de mercadorías e escraves que é o fluxo sanguíneo desta civilización e das cidades modernas… Javier Recabarren tiña só 11 anos, pero xa levaba un estilo de vida vegano, participaba activamente en accións de loita rueira e pola liberación animal, charlas, debates, e outras instancias diversas que el alimentou e enriqueceu coas súas achegas. Todo un exemplo e unha razón máis para seguir adiante.
Forza e complicidade a todas as individualidades que desde Chile (e outros lugares) enchen as rúas de sabotaxes, barricadas e propaganda no seu recordo. Porque os vosos xestos tamén nos fan sorrir. A vós tamén van dedicadas estas liñas.
Javier Recabarren, vives na mirada ansiosa e o corazón rebelde de cada activista que deixa atrás a pasividade e arríscase, e de cada animal non-humano que por fin rompe a gaiola que o apresa e foxe cara á espesura.
A nosa rabia é a mesma, o noso amor pola liberdade tamén.
Este fanzine, libriño ou folleto, como se lle queira denominar, é a tradución que realizamos dun texto tiulado “Biocentric Anarchy” (Anarquía Biocéntrica), que foi escrito por unha anónima británica e difundido para o debate. Nós atopámonolo na internet e pareceunos interesante e oportuno traducilo e discutilo, xa que consideramos que nos distintos movementos ou ámbitos activistas onde se trata a liberación animal e a loita contra o especismo, a miúdo fálase desde unha serie de posicións que non son moi acertadas ou que se estancan nos límites do cidadanismo, o activismo legalista ou peor aínda, nun discurso autocomplaciente que se basea simplemente en deixar de consumir produtos de orixe animal mentres se incita a outro tipo de consumo igual de cego e que tamén consideramos que hai que cuestionar. Para nós, a liberdade non ten nada que ver con elixir mercar tofu e seitán onde antes mercabas queixo e carne. Este é un paso importante, por suposto, pois os produtos que se obteñen da explotación animal levan intrínsecos o abuso e a opresión (aínda que ás veces, os produtos presuntamente “libres de crueldade” que consumimos tamén), e rexeitalos parécenos un primeiro paso que é necesario dar se queremos situarnos contra a dominación e buscar formas de vivir e de relacionarnos que traten de non reproducila. Con todo, tamén sabemos que o capitalismo industrial, neocolonial, antropocéntrico e patriarcal é un sistema moi flexible cunha gran capacidade de adaptación, e que para as distintas persoas e entidades que ocupan as posicións de poder non supoñería ningún problema, chegado o caso, prescindir da explotación de animais e adaptar as estruturas de produción a unha nova demanda masiva de produtos de orixe vexetal, sen que iso detivese en ningún caso nin a explotación de animais humanos, nin a violencia contra todas as especies e contra o propio medio natural do que depende a supervivencia de cada individue deste planeta.
Seremos sinceires con vós, nós tamén mercamos a nosa comida e vivimos en cidades, e aínda que esteamos a traballar aos poucos en afastarnos desa dependencia, o certo é que non o fixemos, non polo menos aínda. Por iso, non pretendemos aleccionar a ninguén con palabras que nós aínda non nos aplicamos. Só pretendemos convidar á reflexión e a autocrítica, desde unha postura que pretende ser humilde e construtiva.
Moitas veces quíxose separar a liberación animal da liberación da natureza, e hai quen considera que son antagónicas, que non se poden conciliar. Para nós é ao revés, nin podemos falar de liberación da terra mentres nos aproveitamos da explotación masiva dos seus outros habitantes e do tremendo impacto ambiental que crea, nin tampouco podemos falar de liberación animal se o reducimos todo a construír gaiolas máis grandes ou a seguir xustificando a nosa autoridade sobre eles baixo máscaras hipócritas de tutela e falso coidado que ao final non son máis que outra forma de domesticación. Non queremos construír santuarios onde amorear animais incapaces de regresar ao seu estado natural*, senón extensos bosques onde agora só hai grises cidades de depresión e aire contaminado, queremos sanar a ferida, volver ser parte do equilibrio natural, cos noses compañeires humanes e co resto de criaturas. Tampouco queremos idealizar o pasado con discursos esencialistas sobre unha vida primitiva cuxa realidade non coñecemos en absoluto senón mirar cara a adiante, cara á incerteza e a falta de referentes e de medios que temos en fronte, e axudar a crear as condicións necesarias para articular un movemento forte, sólido e coherente que ataque non só as bases ideolóxicas que sustentan a opresión especista, senón toda a engrenaxe, a totalidade da opresión humana, cun enfoque interseccional e antiautoritario.
· Os Editores // Marzo 2017
*Aquí non estamos a menosprezar o traballo de santuarios e refuxios. O problema é que nós non os entendemos como fins (como si nos consta que fan moites activistas) senón como medios, como ferramentas necesarias neste momento. Sabemos que moitas especies por desgraza non poden regresar ao seu estado salvaxe porque foron desnaturalizadas ad-nauseam, e entendemos que os santuarios sirvan como espazos para garantir a súa seguridade e benestar neste mundo, pero o noso obxectivo é a liberación animal, non unha tutela nun recinto máis grande pero igualmente pechado.
via:abordaxe.

Leave a Reply

Required fields are marked *.